ESTE SERÁN PARTIDO AMISTOSO ENTRE A SELECCIÓN FEMININA DA REPUBLICA DOMINICANA E O BALONMAN PORRIÑO

Este serán, ás 20,30 horas no Polideportivo Municipal terá lugar un partido amistoso entre a selección feminina da República Dominicana e o Balonmán Porriño . O encontro forma parte da preparación que está a realizar o combinado centroamericano que se atopa concentrado en Mondariz na…

Axentes da Policía Local evitaron a extensión dun lume no interior do bar restaurante “La Cueva”

Varios axentes da Policía Local do Porriño e o responsable da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil acudiron en axuda do propietario e persoal do Bar Restaurante “La Cueva”, na praza Arquitecto Antonio Palacios onde se declarou ás 13.48 horas un lume no interior da…

O vindeiro sábado terá lugar a presentación do Edificio “Praza de Ramiráns” que resolve unha conflictiva promoción inmobiliaria

Unha promoción inmobiliaria que quedou obstruída pola crise do ladrillo chega ó seu termo. O sábado 6 de xullo, ás 11 horas, terá lugar a presentación do edificio “Praza Ramiráns”, organizada pola firma "Copernicus"  que retomou o vello emprendemento de "Paseo Marítimo" que naufragou co…

Arranca o Campamento de Verán para axudar á conciliación familiar no Porriño

A partir de hoxe comeza a actividade do Campamento de Verán 2019 que organiza o Concello do Porriño, a través da Concellería de Igualdade e co financiamento da Deputación Provincial. O Concello promove esta actividade como medida de conciliación para as familias de Porriño. Serán…

O Club Atletismo Porriño fará coincidir o domingo a XIV Carreira de Xóvenes Atletas co Memorial “As Agüíñas Diego Salgueiriño”

O Club de Atletismo de Porriño informou que este ano fará coincidir a XIV edición da Carrera de Xóvenes Atletas coa celebración do Memorial "As Agüiñas Diego Salgueiriño". O evento deportivo terá lugar este domingo 30, a partir das 10 horas. Desenvolverase nas instalacións do…

Entrega da segunda edición do Premio Roberto Vidal Bolaño

O Concello de Porriño lembra que este sábado 29 terá lugar a entrega do II Premio “Roberto Vidal Bolaño” para textos teatrais inéditos, escritos en galego, dotado cun premio económico de 2.000 €. O premio corresponderá a Ana Abad de Larriva pola obra “A sombra…