O Concello agradece a colaboración e comprensión da veciñanza coa campaña de vacinación anti-Covid

O Concello do Porriño, a través da Concellería de Seguridade, agradece "a colaboración e a paciencia dos cidadáns para que a campaña de vacinación para maiores de 80 anos que comezou hoxe no Centro de Saúde transcorra sen aglomeracións", segundo a concelleira, Lourdes Moure. No…

Nova convocatoria de subvencións municipais ás comunidades de augas de consumo do Porriño

O Concello do Porriño anuncia as bases e convocatoria para a concesión de subvencións municipais ás comunidades de augas de consumo para o control sanitario, mantemento de instalacións e reparacións na rede de distribución durante o presente ano 2021. A convocatoria, a través da Concellería…

A Policía Local colaborará para evitar aglomeracións no Centro de Saúde coa ocasión do inicio da vacinación aos maiores de 80 anos

A Policía Local colaborará a partir do vindeiro luns 22 para evitar aglomeracións no Centro de Saúde onde comezará a vacinación contra a Covd de persoas maiores de 80 anos dos concellos de Porriño, Mos e Salceda. O SERGAS ten previsto que cada día se…

O Concello acordou a reapertura dalgunhas instalacións deportivas

A Concellería de Deportes informa que o Concello do Porriño acordou reabrir algunhas instalacións deportivas de titularidade municipal para a práctica de actividades deportivas federadas a nivel autonómico nos termos e restricións que actualmente determina a Xunta de Galicia.Por medio dun decreto da Alcaldía comunícase…

O Concello renovou a súa adhesión ao protocolo “Vioxén”

Pedro Pereira, como alcalde accidental, asinou co coronel Simón Venzal,  xefe da Comandancia da Garda Civil en Pontevedra, e en presenza de Maica Larriba, subdelegada do Goberno na provincia, a renovación da adhesión do Concello do Porriño a o protocolo "Vioxén".  Trátase do programa de…

O Concello prepara unha bolsa de axudas directas aos sectores económicos locais por un total de 140.000€

As comisións informativas municipais de Urbanismo, Igualdade e Economía prepararán a orde do día do próximo pleno da corporación local que abordará como asunto máis relevante a creación do fondo de axudas económicas directas para hostaleiros, comercio e autónomos afectados pola crise derivada da pandemia.…