Hoxe celebrarase o pleno ordinario de febreiro

  A corporación municipal do Porriño celebrará esta tarde pleno ordinario. A sesión corresponde será presencial. A partir das 18.00 horas. E a porta pechada, debido aos protocolos anti-Covid.A orde do día inclúe unha ducia de puntos.Achegamos "pdf". pleno ordinario feb 2021

24 de febreiro, Día de Rosalía. O Concello adicará un video mapping á escritora referente absoluta da cultura galega

A Concellería de Cultura e Normalización Lingüística anuncia que este mércores, 24 de febreiro, día de Rosalía de Castro, con motivo do 184 aniversario do seu nacemento, realizarase un vídeo mapping na praza do Concello, adicado á escritora e poeta, referencia absoluta da cultura galega.A…

“Rap con Rosalía”, actividade desenvolvida nos institutos do Porriño

O Concello do Porriño súmase á celebración do Día de Rosalía, 24 de febreiro, co fin de homenaxear o nacemento da figura máis relevante da literatura galega no seu 182º aniversario. A Oficina Municipal de Información a Xuventude (OMIX) xunto coa Concellería de Cultura do…

Porriño esixe á Xunta que amplíe a súa participación en sufragar o custe do SAF

O Porriño trasladoulle á Consellería de Política Social "a urxente necesidade" de que a Xunta de Galicia amplíe a súa participación para sufragar os gastos do SAF (Servizo de Axuda no Fogar).  "Na actualidade, este gasto que asumimos supón unha carga extraordinaria para o Concello…

O persoal da Unidade Asistencial de Drogodependencias vacinouse hoxe

O persoal da Unidade Asistencial de Drogodependencias (U.A.D) do Concello do Porriño informa que acudiu hoxe ao Hospital Alvaro Cunqueiro para vacinarse coa primeira dose do inxectable de "Pfizer". Os cinco traballadores da unidade municipal deberán recibir o 16 de de marzo, a segunda dose para…

68 vendedores instaláronse hoxe no mercado ambulante que se restaurou

Hoxe instaláronse 68 postos de venda na zona peonil de Porriño con motivo da reanudación do mercado ambulante que levaba tres semanas suspendido por decisión municipal. Só instalaron vendedores con postos impares.  O vindeiro martes 2 de marzo corresponderá aos que teñan un número par.…