A concelleira de Seguridade pide a máxima colaboración dos hostaleiros e da poboación

  Lourdes Moure, concelleira de Seguridade fixo hoxe unha declaración dirixida á hostalería local "para tranquilizalos" sobre a campaña informativa desenvolvida pola Policía Local para dar a coñecer as restricións requiridas e garantir o seu cumprimento por parte dos establecementos. "Non estamos aquí para poñer…

Reapertura da biblioteca do Porriño: unha biblioteca sempre na vangarda

Entrar na Biblioteca do Porriño xa non é un ritual dedicado ao silencio e as lámpadas de lectura, reservado para ás persoas de oposicións ou universidade entregadas aos seus exames. A Biblioteca é algo moi diferente hai máis dunha década. Abriu portas, habilitou espazos a…

Concellería de Cultura anuncia o ciclo “Marzo de sábados teatrais”

A Concellería de Cultura anuncia o ciclo "Marzo de sábados teatrais" que comezará o vindeiro día 6, unha programación axeitada á pandemia global que sufrimos que tamén afecta ao mundo da cultura, que debe reinventarse con iniciativas artísticas anovadoras. Nesta ocasión XERPO tráenos unha proposta…

Concello e Policía Local establecen protocolos coa hostalería local para garantir o cumprimento das restricións

Os establecementos de hostalería do Porriño recibirán unha folla informativa para que coñezan as medidas que deben adoptar e para que teñan a información necesaria para descargar os códigos QR. Axentes da Policía Local e voluntarios de Protección Civil serán os encargados da distribución. Así…

O Concello ofrece asesoramento á hostalería, microempresas e autónomos para solicitar as axudas da Xunta

O Concello a través das oficinas de "Porremprego" ofrece asesoramento á hostalería, autónomos e microempresas que poidan estar interesados ​​en solicitar e acollerse á liña de axuda económica do II Plan de Rescate da Xunta de Galicia. O asesoramento que xa se está a proporcionar…

Renovada a achega municipal para o club Atletismo Porriño

  O Concello do Porriño renovou a subvención anual para o Club de Atletismo Porriño que esta tempada 2021 recibirá 17.000 €.David Alonso, concelleiro de Deportes e Patricia Estévez, presidenta do club formalizaron o procedemento nas instalacións da pista de atletismo no Polígono da Granxa,…