O Concello do Porriño tomou a decisión de proseguir co curso de defensa persoal feminina que se realizou no pasado mes de maio e que pase a ser de carácter permanente. Deste xeito O Porriño será o primeiro concello de Galicia en ter ese curso de forma continuada, segundo a decisión que tomaron a alcaldesa Eva García e maila concelleira de Seguridade, Lourdes Moure baseándose na grande acollida e repercusión que tivo entre as mulleres do Porriño e bisbarra.
De feito foron as propias alumnas as que instaron a manter de xeito permanente este tipo de formación para garantir a súa seguridade e saber como respostar diante de calquera agresión. Das 137 mulleres que participaron no primeiro curso xa hai 68 que confirmaron a súa asistencia a estas novas xornadas formativas.
O curso comezará este sábado día 15 de xuño en horario de 10:00 a 12:00 horas, no Pavillón Municipal de Deportes, na pista 2. A formación realizaráse en dous sábados ó mes. A vindeira clase será o 29 de xuño. Non compre anotarse para asistir. Abonda con acudir con roupa deportiva no lugar e hora. A Policía Local de O Porriño seguirá a colaborar.
Despois da celebración do primeiro curso, fíxose por encargo da Concellería de Seguridade unha enquisa de carácter anónimo entre as participantes para coñecer o seu nivel de satisfacción. Mediante un baremo de 1 a 10, puntuaron diferentes factores do curso (organización, horarios, metodoloxía empregada, opinión global del curso) resultando unha media de 9,20, que indica un nivel de satisfacción moi alto.