- A actuación inclúe a reconstrución da cuberta para protexer o conxunto, a mellora do contorno peonil con granito e a instalación de nova iluminación, cun investimento total de 15.724,33 euros.
- Este cruceiro ten unha iconografia inédita entre os cruceiros do concello: presenta iconografia bizantina de kiriotisa, como trono de sabedoria, e sostén nos seus brazos a Cristo como neno, como explicababan os historiadores José Ramón Iglesias Veiga e Diego Giráldez no libro “O Porriño, arquitectura urbana”.
O Porriño, 24 de xuño de 2026. — O Concello do Porriño está a rehabilitar o cruceiro do Ringorrango, situado no barrio dos Eidos. Trátase dunha pezas importante do patrimonio local, cuxo peto de ánimas, aínda que non puido ser datado, conta a lo menos con dous séculos de historia.
A intervención ten como obxectivo principal garantir a conservación e protección deste ben coa reconstrución da súa cuberta, deseñada para protexer a estrutura e os elementos esculpidos das inclemencias do tempo.
Ademais o proxecto contempla unha posta en valor de toda a súa contorna coa ampliación da beirarúa da placeta na que se empraza o monumento. Estes traballos inclúen a substitución dos antigos bordos de formigón por novos bordos e baldosas de granito, un material nobre e tradicional máis acorde co valor patrimonial do conxunto.
A obra, que conta cun orzamento total de 15.724,33 euros, completaráse coa instalación duns novos puntos de iluminación.
“Esta obra humanizará o entorno pero sobretodo preservará o noso patrimonio”, explica o alcalde, Alejandro Lorenzo, que acudiu ao lugar acompañado do Concelleiro de Obras, Ramón Porto, para recoñecer o avance dos traballos.
O Cruceiro do Ringorrango
Trátase dun cruceiro de ánimas en granito, protexido por un baldaquino amplo con tellado a catro augas sobre catro piares cadrados e rodeado por un enreixado. Ten unha altura de 325 cm, con 54 de perímetro varal sobre un pedestal de 38 cm.
Na súa orixe estaba policromado e na súa cruz, a parte traseira, aparece a Virxe sobre peaña, cunha iconografia inédita entre os cruceiros do concello: presenta iconografia bizantina de kiriotisa, como trono de sabedoria, e sostén nos seus brazos a Cristo como neno, como explicababan os autores David Pérez Rego e Paula Alonso Carrera no libro “Catálogo de cruceiros, cruces e petos de ánimas do Porriño”.
O esmoleiro actual é un bloque de granito independente cunha porta de ferro, pero o pedestal orixinal tiña o seu propio orificio para esmolas. No seu frontal hai un retablo esculpido con tres ánimas entre lapas. Sobre el elévase un varal octogonal que sostén un candil de ferro e un capitel de orde composta con follas de palma e volutas. No anverso da Cruz está Cristo crucificado con tres cravos, vivo, sen cartela de INRI e co pano de pureza anoado á dereita. No reverso, a virxe.
Como curiosidade, Ringorrango, é unha palabra que en castelán significa “Rasgo de pluma exagerado e inútil, o, “adorno superfluo y extravagante”.


