Durante a reunión escoitaranse as propostas dos comerciantes

O Concello do Porriño convoca a todos os comerciantes do municipio a unha reunión que terá lugar o vindeiro martes, 8 de setembro, ás 9:30 horas no salón de plenos para tratar, entre outros asuntos, as campañas anuais que organiza o consistorio. 

A cita servirá tamén para escoitar as propostas e necesidades dos comerciantes.. “A nosa intención é seguir potenciando o comercio local, fonte de vida e de riqueza da vila”, explica o alcalde do municipio, Alejandro Lorenzo, que pide a todos os establecementos que acudan para poder ser escoitados.