Ante as novas sobre a aparición de novos restos de lindano en monte comunal – a expensas da confirmación polos técnicos que recolleron mostras-, o Concello de Porriño ten que indicar que carece de información directa tanto pola parte da Comunidade de Montes de Torneiros como pola parte da Xunta de Galicia. Non obstante a alcaldesa de Porriño anunciou este mediodía que dará as instruccions necesarias para que se comprobe que non se ten cometida irregularidade algunha.

O Concello de Porriño remitese ás actuacions realizadas tanto en 2017 coma en 2018, cando apareceron restos de lindano entre as terras que se removeron para as obras de saneamento e posteriormente de abastecimento de auga na zona.

Asimesmo o Concello de Porriño quere aproveitar esta circunstancia para lembrarlle á Xunta de Galicia que segue agardando polo plan de descontaminación que a administración autonómica comprometeuse a realizar en 2017 para o que se mantiveron reunions con veciños, comuneros e mailo propio Concello. Dito plan pretendía unha actuación integral xa que nesa zona do territorio porriñés, lamentablemente, constatouse a presenza de lindano no subsolo. Tristemente o compromiso da Xunta de Galicia no ten recibido consignación orzamentaria e segue sen executarse.