@depo_es inicia as obras da glorieta do lugar da Costeira, na intersección de Cerquido-Budiño

A Deputación de Pontevedra vén de iniciar nesta semana as obras da nova glorieta de ordenación do tráfico no cruce  da intersección da estrada provincial EP-2405 Cerquido-Budiño con dúas vías municipais no lugar de A Costeira. Segundo explicou o deputado de Mobilidade Uxío Benítez, xa…

Rematadas as obras na cuberta do Pavillón Municipal, anunciadas polo concelleiro de Deportes, e que supuxeron na práctica a reforma de todo o teito do mesmo

Tal  e como adiantara o tenente de alcalde e concelleiro de Deportes, Manuel Carrera, as obras de mantemento que precisaba a cuberta do Pavillón Municipal quedaron rematadas a finais do mes pasado logo de que “fose posible acometelas unha vez que as condicións climatolóxicas o…

A Concellería de Vías e Obras remata a reforma integral da estrada no lugar da Lomba, no barrio de Vitureira, en Budiño, incorpora saneamento, tubaxes de pvc e aumenta o ancha da vía ata os 8 metros

A Concellería de Vías e Obras vén de rematar no lugar da Lomba, no barrio de Vitureira, na parroquia de Budiño, a reforma integral da estrada que pasa por esta zona, “cumprindo cunha vella demanda dos residentes nesta parte do Porriño”. O tenente de alcalde,…

As medidas adoptadas polo Goberno local para a mellora do alumeado e o cambio de caldeiras supoñen 100.000€ anuais de aforro no recibo do subministro de enerxía e 220 toneladas menos de emisión de dióxido de carbono á atmosfera

Esa é a cantidade que deixará de pagar o Concello do Porriño e a de CO2 que deixarán de respirar as veciñas e veciños logo das iniciativas postas en marcha pola Concellería de Vías e Obras, que abranguen dende a renovación das instalacións do alumeado…

A Concellería de Vías e Obras impulsa un dos traballos máis importantes do mandato actual para que o saneamento chegue a 200 casas de budiño nun prazo de 4 meses

A vindeira semana empezan na parroquia de Budiño un dos traballos máis importantes do mandato do actual Goberno local do Porriño que permitirán a conexión á Rede Municipal de Saneamento de máis de 200 casas. Os mesmos, impulsados pola Concellería de Vías e Obras, que…

A Concellería de Vías e Obras segue adiante co seu obxectivo de levar o saneamento a todo O Porriño e en 15 días rematará os traballos de conexíon á Rede Municipal de Saneamento de varias vivendas de San Pelayo, en Pontellas

Seis vivendas máis de San Pelayo, na parroquia de Pontellas, poderán conectarse á Rede Municipal de Saneamento en apenas 15 días, prazo no que estarán rematadas as obras que a Concellería de Vías e Obras, que dirixe Manuel Carrera, está realizando neste lugar. As mesmas…