Programación cultural Agosto 2019: COMEZA O CICLO DE CINEMA NA RÚA CON FLOCOS DE MILLO

O mércores 7 arranca o ciclo de “Cinema na rúa con flocos de millo” (palomitas) que organiza o Concello de Porriño ó abeiro da programación cultural de agosto.
En principio tanto a primeira como as restantes proxeccións están previstas na praza Arquitecto Antonio Palacios, a partires das 22 horas. Pero se xurden complicacións meteorolóxicas (hai previsión de choiva para o mércores) a proxección trasladaríase ó Centro Cultural Municipal.
A primeira película programada será “Megalodón”, unha historia de acción, terror e ciencia ficción que gravita sobre un actor clásico neste xénero, Jason Statham que terá que enfrentarse cun xigantesco tabeirón.
Statham ten unha moi ampla filmografía na que destacan “The Transporter” e dúas secuelas e a súa participación nas tres entregas de “Los Mercenarios” con Sylvester Stallone, Jet Li e outros clásicos deste xénero.
O cinema na rúa é unha oferta cultural gratuita que promove o departamento de Cultura do Concello de Porriño. E os flocos de millo tamén distribuiranse de balde entre o público asistente.

A alcaldesa inicia con “Nueva Pescanova” unha rolda de visitas a empresas asentadas nos polígonos industriais de Porriño

A Alcaldesa Eva García iniciou cunha reunión nas instalacións de “Nueva Pescanova” no polígono de As Gándaras, unha rolda de visitas ás principais empresas radicadas en Porriño que vai desenrolar ó longo deste mandato.

No encontro con Santiago Gómara, director da fábrica, tamén participaron Sergio Casal, concelleiro de Limpeza, Parques e Xardíns; Enrique Vaqueiro, xefe do gabinete da Alcaldía e David Sobral, xerente dos polígonos industriais de A Granxa e As Gándaras. 

Santiago Gómara trasladou á alcaldesa unha serie de peticións vencelladas con mantenemento do polígono, limpeza, estado dos viais como espazos de aparcamento, así como outras demandas máis complexas. Entre elas a posibilidade de ampliación da estrada de acceso ó polígono na curva que aparece nunha imaxe adxunta onde os camións pasan moi xustos, xusto antes da recta do polígono.

 

O Catrastro insta ó Concello de Porriño a acometer unha revisión pendente dende hai 34 anos

Fernando Baena, xerente da Oficina do Catastro para a provincia de Pontevedra, reuniuse hai uns días coa alcaldesa Eva García, membros do equipo de goberno e staff técnico do Concello para prantexar “a urxente necesidade de abordar unha revisión dos valores catastrais no termo municipal”.

Segundo as explicacións de Baena, o Catastro advirte ó Concello de Porriño de que o retraso en revisar a ponencia de valores que está vixente dende 1985, “constitue un agravio comparativo cos outros concellos da provincia xa que existe a obriga legal de revisión cada cinco ou dez anos”.

Durante estes 34 anos intentouse actualizar os valores catastrais no periódo 2003/2010 pero a proposta de revisión tumbouse por falla de apoio político pola maioría da corporación municipal.

Neste novo mandato, o equipo de goberno do Concello ante esta advertencia do Catastro convocará cando se reanude o novo curso político, á volta das vacacións, unha xuntanza de portavoces para trasladar este asunto ós voceiros dos restantes grupos municipais da corporación e procurar un consenso o máis amplo posible para afrontar a revisión catastral.

“Debería acometerse unha actualización dos valores catastrais que son os que se empregan para determinar o Imposto de Bens Inmobles (IBI)  tanto nas construccións urbanas como no rural así como nos polígonos industriais que non cotizan –agás no de As Gándaras- posto que resulta evidente que nestes 34 anos transcurridos Porriño medrou moítisimo tanto en poboación como en inmobles, particularmente nos asentamentos industriais existestes no termo municipal”, indicou a alcaldesa.

Nestas tres décadas transcorridas a poboación aumentou máis de 5.000 habitantes polo que Eva García engadiu  que “a máis veciños no Porriño, hai máis demanda de servizos públicos pero acontece que a maior fonte de financiación do Concello que son os ingresos por impostos, de xeito sobranceiro polo IBI, está menoscabada pola falta de actualización do Catastro” explicou a alcaldesa.

A xuizo de Eva García “a situación máis rechamante dase nos polígonos de promoción industrial (PPI´s) que proliferaron nestas tres décadas e que non cotizan IBI e por tanto as empresas radicadas neles non contribuen ni cumpren co principio de igualdade”, engadiu Eva García de la Torre. Tamén suliñou Eva García “a necesidade de correxir situacións de agravio comparativo como a que se da, por exemplo, entre Torneiros, unha das zonas máis deprimidas do termo municipal onde os veciños están a pagar percentualmente máis IBI que os veciños do centro de Porriño onde o valor de mercado das vivendas é indiscutiblemente moito maior”.

O Concello de Porriño recaudou en 2018 algo máis de 1,7 millóns de euros polo IBI. Estimase que a inclusión das numerosas altas que se producirían xunto coa actualizaciñon de valores podería supoñer triplicar esa recaudación o que redundaría en máis capacidade orzamentaria para atender e mellorar servizos para a comunidade. 

A UD Atios celebra este domingo as súas vodas de ouro

O Concello de Porriño está a colaborar a través da Concellería de Deportes que desempeña David Alonso coa U.D. Atios que celebrará este domingo día 4 o seu 50 aniversario. 
A UD Atios instituiu un trofeo co gallo das súas vodas de ouro cun partido que enfrentara o equipo local contra o Pontevedra CF no campo municipal “O Carballo”.
Na previa do encontro, a partires das 19 horas actuara a gañadora de “La Voz 4”, a galega Irene Caruncho e durante o descanso do partido tamén actuará a agrupación “Os Penediños” de Atios.

A estes actos asistirán a alcaldesa accidental, Lourdes Moure e o concelleiro de Deportes, David Alonso.

O Concello de Porriño colabora cunha achega valorada en 6.000 € para a Festa do Cabrito de Chenlo

O Concello de Porriño colabora coa XI edición da Festa do Cabrito de Chenlo que terá lugar o domingo día 4 de agosto. 
A achega, canalizada a través da Concellería de Festas que actualmente leva David Alonso, ten un valor de 6.000 euros e traducese na carpa, mil cadeiras e nas mesas que aporta o Concello de Porriño para a celebración do certame gastronómico

Obradoiro de Emprego Xove para desempregad@s de menos de 30 anos

O Concello do Porriño porá en marcha o OBRADOIRO DE EMPREGO “PORRIÑO XOVE”. Trátase de contratos de formación e aprendizaxe que terán unna duración prevista de 6 meses. Pretendese formar a 16 persoas desempregadas menos de 30 anos e que estean anotados no Sistema de Garatía Xuvenil.

A formación será nas seguintes especialidades:
8 personas para o ámbito da dependencia, é dicir atención socio-sanitaria a persoas dependentes en institucións sociais. Recibirán 370 horas de formación e será requisitio indispensable estar en posesión do título da ESO.
E 8 persoas desempregadas serán formadas en novas tecnoloxías na administración, operacións de gravación e tratamento de datos e documentos. Este curso será de 360 horas.

Todas as persoas desempregadas que cumplan cos devanditos requisitos e que estean interesadas en formar parte do alumnado deste OBRADOIRO DE EMPREGO “PORRIÑO XOVE”, deberán acudir á oficina de emprego do Porriño e anotarse en Obradoiros. As persoas que no estean inscritas no Sistema de Garantía Xuvenil poderán inscribirse no mesmo día que solicitan anotarse en Obradoiros.

Outorgada hoxe licenza a “Amazon” para establecer en Porriño a súa estación loxística para o Noroeste

Lourdes Moure, alcaldesa accidental de Porriño firmou hoxe a licenza de obra e comunicación previa de actividade para a futura estación loxística de “Amazon” para o noroeste que terá a súa sede nunha nave do polígono industrial de Prado-Budiño.
O proxecto e dirección de obra corresponde a Diego Patiño. A licenza outorgase a través da sociedade “Karekena” para reformar unha nave preexistente de 1927 metros cadrados construídos dentro dunha superficie total de 4.661 metros cadrados que ten o solar. Tratase da parcela R-14 do devandito polígono na nave que anteriormente ocupou a firma “Arcelor”.

Por outra banda, o departamento de comunicación de “Amazon Logistics” reportou hoxe un resumo de prensa cos impactos que tivo a nova da chegada desta plataforma “on line” a Porriño co anuncio da estación de almacenaxe e reparto que está a montar.
A nova difundida polo Concello de Porriño e “Amazon” o pasado luns, refiriuse en 70 medios de comunicación galegos e nacionais, tanto escritas, audiovisuais como dixitais. Dende TVG, Cadena SER ou Cadena Cope, ata xornais nacionais como “El Pais”, “ABC” ou “Expansión” pasando por todos os rotativos da comunidade autónoma de Galicia.

Porriño é o concello da provincia que mellor combate a crise demográfica

Os datos aportados esta semana polo Instituto Galego de Estadística (IGE) son concluintes: Porriño é o concello da provincia que mellor combate a crise demográfica. No ano 2018 Porriño tivo un saldo vexetativo positivo é dicir máis nacementos que defuncións. Segundo o departamento do padrón municipal en 2018 tivemos 180 nacementos e producironse 121 falecementos en Porriño.

O dato inscríbese na tendencia positiva de crecemento poblacional que presenta Porriño pois segundo recolle o Instituto Galego de Estadística, na última década Porriño medrou poboación con 2.626 habitantes, unha excepción fronte a dinámica galega de desertización demográfica.

“Porriño está a medrar espectacularmente en todos os eidos. O crecemento demográfico está íntimamente vencellado coa recuperación económica que presenta noso pobo nos últimos anos, evidenciado en numerosos indicadores”, valorou Eva García de la Torre. A alcaldesa lembrou que o propio IGE refire que Porriño “é o concello con mellor ratio que conta con máis altas de cotizantes da Seguridade Social, presentando a mellor ratio entre os concellos pontevedreses incluso que Vigo con 7.714 altas nos derradeiros dez anos”. Tamén a alcaldesa citou o dato publicado hai un mes pola Zona Franca que refería que “Porriño é o concello co segundo mellor índice de dinamismo empresarial no ámbito da Zona Franca, despois da cidade de Vigo”. Segundo datos dese organismo público no primeiro semestre en Vigo crearonse 287 empresas. E a continuación é O Porriño o concello con máis sociedades creadas, nada menos que 35 novas empresas, grazas ó seu gran peso industrial cos polígonos de A Granxa e As Gándaras. Con respecto a outros concellos da área metropolitana, Porriño supera a Nigrán e Redondela que contabilizan 16 y 15 novas empresas respectivamente. Asimesmo Porriño marca unha notoria diferencia en relación con Mos que rexistrou a creación no que vai de ano de 8 empresas. Nese eido a alcaldesa refiriu como “última evidencia” a chegada de Amazon coa estación loxística que instala este verán en Porriño coa repercusión que acadou a noticia.

O Concello como institución “tamén goza de boa saúde económica como ven de referir tamén esta semana o Ministerio de Hacienda no seu informe sobre débeda viva municipal”. Eva García relacionou que “lamentablemente o que estamos a sufrir en Porriño é un bloqueo político pola irresponsabilidade do Partido Popular tanto como oposición municipal que impide o pagamento das facturas pendentes con maniobras coma a que motivou a cancelación do pleno municipal do martes e as políticas obstruccionistas da Xunta de Galicia que pon todas as trabas posibles para favorecer a Mos en detrimento de Porriño na instalación de novas empresas”.

Cancelouse por un erro administrativo o pleno municipal que ía celebrarse este serán

O Concello de Porriño informa que a sesión plenaria da corporación municipal que ía celebrarse este serán ás 19 horas, cancelouse. O motivo é un erro administrativo na redacción da convocatoria.
O goberno municipal “lamenta que esa circunstancia fose aproveitada políticamente polo Partido Popular para anunciar que ía a solicitar a inválidez dos posibles acordos que se adoptaran na sesión”.
“Resulta altamente contradictorio que o PP reivindique o pago das facturas pendentes e cando atopámonos ante unha sesión plenaría na que figuraban duas propostas que facilitarían o pago de máis de dous millóns de euros en débedas, poñan impedimentos para a celebración do pleno”, segundo o goberno municipal.
Ningún voceiro municipal, tampouco o xefe da oposición, puxera reparo algún a celebración do pleno municipal adiantado para o día de hoxe, por motivos persoais da alcaldesa, Eva García, cando esta circunstancia fora comentada durante unha das comisións municipais preparatorias celebradas na derradeira semana.

Lembramos que na sesión plenaria cancelada destacaban as propostas de aprobación de sendas modificacións de crédito extraordinario financiado con remanente de tesorería para dispoñer de líquidez e afrontar o pago de facturas pendentes dos últimos exercicios.
Unha das propostas era para aboar ós acreedores que figuran na conta “413” por gastos relativos a moi diversos proveedores: telefonía, servicios, suministros, publicidade, reparación de vehículos, cultura, proxectos e direccións de obras, entre outros. O importe de todas esas facturas pendentes suma a cantidade 1.781.923 euros.
A outra proposta era para aboar facturas reclamadas por vía xudicial que suman un importe global de 473.000 euros.

A Corporación Local celebrará o martes pleno municipal

A Corporación Municipal de Porriño celebrará este martes día 30 pleno ordinario coa orde do día que detallamos a continuación. 

Destacan as propostas de aprobación de sendas modificacións de crédito extraordinario financiado con remanente de tesorería para dispoñer de líquidez e afrontar o pago de facturas pendentes dos últimos exercicios. 

Unha das propostas é para aboar ós acreedores que figuran na conta “413” por gastos relativos a moi diversos proveedores: telefonía, servicios, suministros, publicidade, reparación de vehículos, cultura, proxectos e direccións de obras, entre outros. O importe de todas esas facturas pendentes suma a cantidade 1.781.923 euros. 

A otra proposta é para aboar facturas reclamadas por vía xudicial que suman un importe global de 473.000 euros. 

A sesión plenaria que incluirá mocións, rogos e preguntas comezará ás 19 horas.