A alcaldesa alégrase de que a Xunta alivie restricións no Porriño e se recupere a mobilidade con Mos e Vigo

Eva Garcia manifestou este mediodía a súa satisfacción polo alivio das restricións no Porriño que ven de decidir a Consellería de Sanidade, despois de escoitar ao comité clínico.

 A alcaldesa felicitase de que a Xunta aceptase equiparar ao Porriño cos concellos de Mos, Vigo, Gondomar e Nigrán cos que recuperará plena mobilidade que foi unha petición expresa que Eva Garcia de la Torre realizou onte ao conselleiro de Sanidade, coa ocasión da reunión telemática semanal que Julio Garcia Comesaña realiza cos alcaldes da área de Vigo.

Ademais O Porriño pasa ao nivel medio-alto de restricións o que implica que o sector da hostalaría poderá abrir o interior dos seus establecementos cun aforo do 30%. Mantense o aforo do 50% nas terrazas, o límite de catro persoas por mesa (sexan ou non conviventes) e o peche de cafeterías, bares e restaurantes a partir das 17 horas.

Todas estas medidas entrarán vigor a partir desta media noite.

Finalmente o pleno municipal de hoxe será presencial, a proposta de EU Son e co apoio do PP

A sesión plenaria extraordinaria que vai celebrar este mediodía a corporación municipal do Porriño será, finalmente, presencial e non telemática como constaba inicialmente na convocatoria da mesma.

A decisión adoptouse nas comisións municipais informativas celebradas previamente. Foi a proposta de EU SON á que se sumou o PP.

O pleno celebrase a petición do grupo municipal do Partido Popular con catro asuntos na orde do día.

Axuntamos en “pdf”, a orde do día.

20201126_Comunicación_Comunicación da convocatoria (2)

A alcaldesa solicitalle unha reunión de traballo ao presidente da Xunta

A alcaldesa, Eva García ven de solicitar ao presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, unha reunión de traballo para “abordar os asuntos pendentes de resolución no termo municipal que dirixo”, segundo expresa a rexedora porriñesa nunha carta.

Esta mañá o Concello enviou a petición de audiencia á sede da presidencia da Xunta.

A alcaldesa argumenta o encontro co titular do goberno galego como “de especial interese”. “O Concello do Porriño é, hoxe, un dos poucos de Galicia que medra en poboación, xera postos de traballo estables e constitue unha referencia industrial sólida para a proxección de Galicia”, segundo reivindica a rexedora no seu escrito ao titular do goberno autonómico.

Eva García manifesta finalmente na súa carta que “estou segura que chegaremos a acordos que beneficiarán aos veciños e veciñas do Porriño”.  

  

689 764 717, número da liña telefónica de axuda pola Covid do Concello

 
Dende esta tarde quedou habilitado o número de teléfono 687 76 47 17 como liña para canalizar as axudas que poidan requirir persoas que teñan que gardar illamento pola Covid.
A liña telefónica está atendida pola Agrupación de Protección Civil do Porriño.
 
Deste xeito se da cumprimento a un dos acordos acadados pola Comisión Municipal de Seguimento da Covid.
Aínda que esta axuda a domicilio xa se está prestar a través de contactar coa Policía Local e Protección Civil.

Comisión municipal anti-Covid: ante a melloría dos datos, amplíanse aforos deportivos e reabriranse os parques infantís

O goberno municipal porriñés, á vista da melloría que reflicten os datos de contaxios e incidencia da pandemia, decidiu aliviar algunhas das restricións existentes. Hoxe o SERGAS comunicou que no Porriño os novos contaxios baixaron a 39 casos activos aínda que seguimos cunha incidencia acumulada de máis de 150 e menos de 250. 

Entre as novas medidas, o Concello acordou:

-Ampliar os aforos nos eventos deportivos. En pavillóns e recintos pechados, haberá 250 espectadores. Nos campos de fútbol e recinto ao aire libre, permitiranse 500 espectadores, medida que poderá estrear mañá martes o C.D. Pontellas no seu campo, coa ocasión do partido de Liga de Terceira División contra o Arenteiro.

– Reapertura de todos os parques infantís que leven pechados dende o 22 de outubro. Estes recintos de xogo volverán a estar dispoñibles a partir do venres 11, segundo indicou o concelleiro responsable, Sergio Casal.

Estas medidas comentáronse hoxe pola alcaldesa Eva García cos representantes dos grupos políticos da corporación e demais membros que forman a Comisión Municipal de Seguimento da Covid.

Tamén lembrouse que mañá martes volverá a celebrarse o mercado semanal, despois de seis semanas de suspensión aínda que coa metade dos postos.

Reparto de carteis por establecementos e na praza de abastos da campaña de apoio ao comercio local

Persoal do Concello repartiu esta mañá por establecementos e na Praza de Abastos, carteis da campaña “Agora máis que nunca nos perdamos a proximidade”, en apoio do comercio local.


O lema da campaña que promove a Deputación de Pontevedra, “chama á cidadanía a mercar nas tendas locais e de proximidade, nas praza e no mercado da nosa vila apostando polo consumo de produto de tempada das nosas produtoras e produtores”, manifestou Sergio Casal, concelleiro de Comercio.


O concelleiro apelou a que “mercar no comercio de proximidade é un xeito de amosar a nosa solidariedade cun sector que o está a pasar moi mal e que temos que axudar”.

 

O Porriño ofreceu terreos para acoller a futura plataforma loxística da automoción

O Concello do Porriño ven de ofrecer terreos para albergar a futura plataforma loxística do sector da automoción que promove Zona Franca de Vigo, segundo confirmou David Regades, delegado do Estado nesta entidade. A alcaldesa Eva García defendeu a candidatura do Porriño para acoller esa plataforma loxística durante a reunión que mantivo con Regades o pasado mércores 2.


O ofrecemento do Concello do Porriño para ese asentamento conta con terreos en chan industrial, preto da liña ferroviaria e con acceso á Autovía e polo tanto con conexión coa Autoestrada do Atlántico. Ambas son dúas das esixencias da oferta pública para a adquisición dunha parcela que fixo a Zona Franca de Vigo e que está piques de rematar o prazo de presentación de ofertas.


Ademais a oferta porriñesa suma como valor engadido a presenza do CTAG -Centro Tecnolóxico da Automoción de Galicia-.
David Regades manifestou que “O Porriño é o lugar idóneo, porque reúne todas as condicións”, segundo a información que hoxe publica o xornal “Faro de Vigo”.
Deixamos ligazón con esa información.

https://www.farodevigo.es/comarcas/2020/12/06/porrino-aspira-albergar-futura-plataforma-25988890.html

Excepcional resultado da recollida solidaria polo #GivingTuesday entre os centros de primaria do Porriño

Esta mañá operarios do Concello e o concelleiro delegado de Servizos Sociais recolleron nos colexios do Porriño os donativos de alimentos e produtos de hixiene infantil que centos de nenos e nenas entregaron nos seus respectivos centros docentes coa ocasión do “#GivingTuesday” (“Martes de dar”).

Na recollida solidaria que se efectuou ao longo desta semana, os centros educativos de Primaria do Porriño centralizaron a recollida. Este ano 2020, por iniciativa dos nenos e nenas do Porriño e segundo acordouse no último pleno infantil celebrado o pasado 20 de novembro, realizouse unha recollida específica de alimentos, leite e produtos de hixiene para bebés.

Os quilos de comida e produtos de hixiene recadados trasladáronse ao almacén de “SOS PORRIÑO” que canalizará a entrega e a súa posterior distribución entre as familias do concello con menores recursos.