Cortes de electricidade, para realizar traballos de mantemento e mellora da rede, o domingo día 11, en A Rocha, O Covelo, A Guía e Cavadas, na parroquia de Atios

O Concello informa de que, coa finalidade de realizar traballos de mantemento e mellora da rede eléctrica, precisos para atender as necesidades do subministro da zona, o vindeiro domingo, día 11 de febreiro, entre as 7 e media e as 11 da mañá, Fenosa deixará…

O concelleiro de Deportes, Manuel Carrera, visita o novo circuito de Calistenia e Street Workout que funciona xa no Porriño

O concelleiro de Deportes, Manuel Carrera, fixo unha visita ao novo circuíto de Calistenia e Street Workout que funciona xa no Porriño e que permitirá a aquelas persoas que o desexen, en xeral, e en especial os practicantes destes destas disciplinas, poder exercitarse neste ‘perímetro’,…

Saúde Mental Feafes, colaborador do Servizo Público de Emprego de Galicia, desprazarase a O Porriño para prestar os seus servizos

Saúde Mental Feafes Galicia, prestará o seus servizos no despacho que vén de poñer á súa disposición,  no Multiusos de Torneiros, a Concellería de Emprego, Igualdade e Servizos Sociais, que dirixe Soledad Girón. Un técnico especializado realizará accións de información, orientación e asesoramento para a busca…

O cantante, ‘crooner’ e showman Tony Lomba será o pregoeiro do ‘Entroido do Porriño 2018’

O cantante, ‘crooner’ e showman Tony Lomba será o encargado de dar o pregón do Entroido do Porriño o vindeiro sábado, día 10 de febreiro, á 1 da tarde na Praza do Arquitecto Antonio Palacios. Lomba, coñecido por ter sido integrante de grupos como ‘Unión…

A presidenta da Deputación, Carmela Silva, e a alcaldesa, Eva García de la Torre, visitan a sede de SmartPeme no Porriño

A presidenta da Deputación, Carmela Silva, e a alcaldesa, Eva García de la Torre, compañadas polo deputado responsable de Innovación e Promoción Económica, Javier Dios, e a concelleira de Emprego, Igualdade e Servizos Sociais, Soledad Girón, visitaron este xoves o punto SmartPeme do Porriño, situado…

A Policía Local detivo en 15 días a seis persoas acusadas da presunta comisión dos delitos de Roubo con forza

Axentes da Policía Local do Porriño procederon á detención, no termo municipal de Mos, de  J.M.R.V. y J.L.V.M., coma presuntos autores da comisión  dun delito contra o Patrimonio e a Orde Socioeconómica- roubo con forza-. A Policía Local indica que os feitos ocorreron ás 02:25…