En funcionamento a nova rotonda de A Costeira e a ordenación da zona entre Cerquido e Budiño, que ten un elevado índice de accidentes de tráfico

A alcaldesa, Eva Garcia de la Torre, xunto con Uxío Benítez, deputado provincial de Mobilidade da Deputación de Pontevedra, e o concelleiro de Vías e Obras, Manuel Carrera, supervisou hoxe as obras realizadas polo organismo provincial para reordenar o tráfico e mellorar a seguranza viaria…

Axentes da Policía Local interceptan a unha condutora que circulaba cun menor no coche e case multiplicaba por catro a taxa de alcol permitida legalmente

Axentes da Policía Local recibían ás 17:22 horas de este venres, día 5 de outubro, a chamada dun condutor que circulaba pola  N-550, en dirección a O Porriño, informando de que o coche que ía diante do seu estaba a facendo ‘zig-zag’ e,as veces, entrando…

O arqueólogo Eduando Méndez-Quintas expón este xoves na Casa da Cultura os primeiros resultados da investigación no xacemento das Gándaras de Budiño que sitúan a presenza humana no mesmo hai 300.000 anos

O arqueólogo Eduardo Méndez-Quintas-quen o pasado mes de xullo dirixiu xunto a Manuel Santonja, do Centro Nacional de Investigación sobre a Evolución Humana (CENIEH) o reinicio da investigación no xacemento paleolítico de As Gándaras de Budiño- volve ao O Porriño este xoves, día 4 de…

16 porriñesas e porriñeses en situación de desemprego realizarán durante 6 meses un obradoiro remunerado de Atención Socio-Sanitaria a domicilio e a institucións

Dezaseis veciñas e veciños do Porriño en situación de desemprego empezan o  luns, 1 de outubro, un obradoiro de emprego de garantía xuvenil, remunerado, de 6 meses de duración, impulsado polo Concello en colaboración coa Xunta de Galicia. O obradoiro, como sinalou a súa directora…

24 vivendas maís do barrio de A Gándara, en Torneiros, poderán conectarse á Rede Municipal de Abastecemento dende principios de outubro

Un total de 24 vivendas do barrio de A Gándara, en Torneiros, que ata hoxe eran usuarias da traída veciñal, poderán conectar coa Rede Municipal de Abastecemento  en canto rematen os traballos que está a realizar nesta zona a Concellería de Vías e Obras. O…

Este sábado, Raimundo Amador e Javier Vargas inician no Porriño a xira das súas ‘Noites de flamenco e blues’

O Porriño será este sábado, día 29, ás 10 e media da noite, o ‘primeiro paso’ da xira do espectáculo ‘Noites de flamenco e blues’, da man de Raimundo Amador e Javier Vargas e a a súa ‘Vargas Blues Band’. O considerado ‘concerto estrela’ das…