Dezaseis comparsas participan no Entroido do Porriño

Un total de dezaseis comparsas concorren no Entroido 2020 do Porriño. Cinco delas son infantís e as restantes, de adultos. Todas elas participaron no desfile de comparsas do sábado, repetirán mañá Martes de Entroido e o Mércores de Cinza, no cortexo fúnebre e posterior acompañamento…

Os Xogadores da Ola serán os pregoeiros que darán a benvida ao Entroido 2020

Este sábado, ás 12 do mediodía, os Xogadores da Ola serán os pregoeiros encargados de dar a benvida ao Entroido 2020 do Porriño. A cita será no Concello, na praza Arquitecto Antonio Palacios. A continuación haberá animación de rúa a cargo de “Os Festicultores Troupe”,…

Constituída a Comision Especial do Líndano que volverá a reunirse despois das eleccións galegas

Baixo a presidencia da alcaldesa Eva García de la Torre e, finalmente coa presenza de dous vogais en representación da Xunta de Galicia, quedou constituída a Comisión Especial para a Descontaminación por Líndano. A sesión constitutiva realizouse no Concello do Porriño onte mércores á tarde.…

Constitución da Comisión Especial polo Líndano

Este mércores 19 constituirase a Comisión Especial para a Descontaminación por Líndano na que, en principio non haberá representantes da Xunta de Galicia. Nin a Consellería de Sanidade nin a Consellería de Medio Ambiente atenderon, ata de agora, a invitación do Concello de O Porriño…

Primeira quenda das Xornadas Gastronómicas do Entroido

O sábado 15 comezaron as Xornadas Gastronómicas do Entroido nas que participan vinte establecementos de hostalaría da vila. Ata o 14 de marzo, cada venres e sábado, a partires das 19 horas, os bares e cafeterías participantes ofrecerán un pincho polo prezo de 1 €…

Acordo unánime para desafectar as antigas casas dos mestres de Torneiros para a súa conversión en vivendas sociais

O Concello do Porriño aprobará, co acordo unánime de todos os grupos políticos da Corporación, a desafección das antigas casas dos mestres de Torneiros para a súa conversión en vivendas sociais. A proposta realizada no nome do goberno municipal bipartito polo concelleiro de Infraestructuras e…