A Concellería de Educación propón traballos manuais, pasatempos e xogos para quedar na casa

A Concellería de Educación e a Oficina Municipal de Información á Xuventude (OMIX) propoñen á infancia e mocidade de Porriño diversas actividades de tempo libre a realizar para seguir quedando na casa, agora que chega a fin de semana.Tratase de traballos manuais, pasatempos e xogos…

O Concello mercará 260 “pinchos” para garantir acceso ás clases pola Internet a todos os alumnos do Porriño

Finalmente o Concello do Porriño non terá que mercar ordenadores portátiles pero si, en cambio, 260 'pen drives' ("pinchos") de conexión á Internet para outros tantos alumnos de institutos e colexios da vila para que poidan ter acceso ao ensino por vía telemática e rematen…

O Concello xa destinou 70.000 € en axuda alimentaria por emerxencia social

O Concello de O Porriño tivo que ampliar a partida, inicialmente de 20.000 euros ata os 70.000 €, para atender ás familias máis desfavorecidas e persoas con dificultades económicas para que puideran abastecerse de alimentos frescos e produtos básicos de primeira necesidade dende que comezou…

O Concello contratará 24 traballadores eventuais durante 6 meses para reforzar diversos servizos municipais

O Concello do Porriño anuncia a contratación de 24 traballadores eventuais durante seis meses para reforzar diferentes servizos municipais. As prazas que se convocan son: 1 traballador/a social; 1 diplomado/a en Turismo; 3 oficiais de carpintería; 2 oficiais de primeira soldador;1 oficial de primeira electricista;…

Gráfico informativo sobre axudas para traballadores autónomos do Porriño afectados pola paralización da actividade económica

A Concellería de Emprego distribúe estes gráficos que resultan moi intuitivos e sinxelos para que os traballadores autónomos do Porriño dispoñan de información actualizada á data de hoxe. Detállase as prestacións extraordinarias que se poden solicitar por cese de actividade ou redución substancial dos ingresos;…

A Concellería de Educación estuda cos directores dos centros as necesidades para achegar o ensino ‘on line’ a todos os alumnos

A Concellería de Educación e as direccións dos centros de Primaria e Secundaria do vila establecerán as necesidades que poden atenderse dende o Concello para equilibrar a participación de todos os alumnos no ensino por vía telemática como consecuencia da prórroga do estado de alarma…