
O Pleno Infantil reivindica “para cada infancia os seus dereitos”
A corporación infantil do Concello do Porriño reuniuse esta mañá para celebrar a súa sesión plenaria anual cumprindo co compromiso adquirido da administración local de conmemorar cada ano o Día Internacional dos Dereitos da Infancia. O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, presidiu o pleno acompañado…

Aberto o prazo de solicitude para o Campamento de Nadal 2024
O Concello de Porriño abre este martes 26 de novembro o prazo de inscrición para o seu Campamento de Nadal, un programa de lecer e tempo libre dirixido a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos. Esta actividade desenvolverase en varias datas do…

Andaina solidaria FORZA VALENCIA, AMUNT!
O Concello de Porriño organiza dunha marcha solidaria baixo o lema "Forza Valencia, amunt", que terá lugar o vindeiro domingo 17 de novembro. Esta iniciativa ten como obxectivo axudar ás persoas afectadas pola DANA que asolou a rexión de Valencia. A marcha, que é apta…

Arrancan as obras de construción dun novo gran parque no corazón do Porriño
O Concello do Porriño inicia hoxe un ambicioso proxecto de transformación urbana co comezo das obras para a creación dun novo espazo público entre as rúas Antonio Palacios e Pío XII. Estes traballos, que inclúen a humanización da Rúa Pío XII, representan a primeira fase…

Arranca o obradoiro “O Noso Encontro co Emprego” no que 16 mozos formaranse mentres traballan
O Porriño acolleu hoxe a presentación do Obradoiro de Emprego “O Noso Encontro co Emprego”, un innovador programa de formación e emprego dirixido a mozos menores de 30 anos. O evento, que tivo lugar nas instalacións de Porremprego, contou coa participación do alcalde de Porriño,…

A Coral Polifónica San Blas de Budiño celebra o seu 20 aniversario
O Círculo Recreativo Cultural acolle este sábado 19 de outubro, ás 19 h, o concerto do XX aniversario da Coral Polifónica San Blas de Budiño. Xunto coa anfitriona actuarán a Coral Polifónica de Tomiño, a Coral Polifónica do Porriño e a Agrupación Musical do Porriño. …