O Samaín 2026 do Porriño pechou as súas portas cun éxito rotundo tras reunir a miles de persoas que se achegaron ao municipio para desfrutar dunha xornada inesquecible chea de sustos, arte e diversión.

O momento máis agardado foi a apertura do Túnel do Terror na Casa Consistorial. A enorme afluencia de público fixo que a actividade tivese que prorrogarse moito máis do previsto, chegando a estar aberto pasadas as dez da noite. Os pasadizos do emblemático edificio deseñado por Antonio Palacios foron o escenario de auténticos sustos que fixeron gozar ao máximo a toda a veciñanza, especialmente aos máis pequenos, aínda que moitos sairon con máis susto do agardado. 


Nas rúas, o gran espectáculo da compañía Pablo Méndez Performances deixou ao público totalmente abraiado. A impoñente figura do deus Anubis fascinou a todos os asistentes, xerando de xeito espontáneo unha auténtica procesión de xente que o seguiu ao longo de todo o percorrido urbano, entre San Sebastián e a Fonte do Cristo.


Outro dos puntos clave da xornada foi a destacada colaboración dos centros educativos e das familias, que percorreron  as rúas do centro na busca das cabazas decorada polo seu fillo ou filla. As rúas encheronse de case 350 calacús,colocados por todo o coentro entre os que chamaron especialmente a atención orixinais creacións de cabazas decapitadas ou recreacións de personaxes terroríficos. 


O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, amosouse moi satisfeito co resultado e coa gran acollida da veciñanza, destacando o éxito do evento a pesar de ter que retrasalo un día por mor do luto nacional. 


Nas rúas, ademáis, a cativada puido desfrutar de obradoiros e pintacaras, ademais de música que encheou a praza Antonio Palacios creando un ambiente festivo.