JAVIER DOMÍNGUEZ MILLÁN
Director e profesor de Clarinete

Nace en Belesar no ano 1975. Licenciado en Música na especialidade de Clarinete polo Conservatorio Superior de Música de Vigo e Diplomado en Dirección de Coro,Banda e Orquestra polo Instituto Europeo de Trento (Italia). E fundador da Coral e do Coro Xuvenil de Belesar (Baiona), da Coral de Donas (Gondomar), do Orfeón Val Miñor e do Orfeón Cantorum, ademáis da Banda de Música da Agrupación Musical de Belesar.

 Impartiu clases de Clarinete nos conservatorios de Gondomar, Mayeusis en Vigo e Pontevedra e nas Escolas de Música de Chapela e Goian.

 Acada ata catorce Primeiros Premios de composición no prestixioso Festival de Vilancicos de Caixanova, sendo autor de diferentes partituras inéditas.

 No ano 2015 recibe  o “Lazo de Honra da Real Vila de Baiona” pola sua relevancia nas artes e nas letras, como director da Coral de Belesar durante 25 anos.

 Dende o ano 2011 e director, profesor de Clarinete, Linguaxe Musical, Educación Auditiva e director na Banda de Música na Escola Municipal de Música do Porriño.

VOLVER ATRÁS