- Trátase dunha enfermeira voluntaria que puxo en marcha un hospital improvisado no que axudaron os axentes porriñeses
- O alcalde fíxolle entrega dunha placa conmemorativa en recoñecemento ao seu labor en cooperación coa Policía Local do Porriño
- Seis axentes e dous operarios do municipio foron prestarlle auxilio durante unha semana
O Porriño, 28 de agosto de 2026. O Concello do Porriño recibiu a visita de Inma Azorín García, unha enfermeira e veciña do barrio de Orba, en Alfafar, que tras a DANA que afectou a toda a Comunidade Valenciana en outubro de 2024, puxo en marcha un hospital de campaña improvisado para atender as necesidades sanitarias da poboación afectada. No seu labor Inma recibiu a axuda dos axentes da Policía Local do Porriño que se trasladaron a catástrofe para prestar a súa axuda, e, emocionada, puido volver agradecerlles o seu labor, e tamén ao alcalde da vila, os medios postos a disposición dos valencianos.
Durante o encontro, ao que asistiu o alcalde, Alejandro Lorenzo, o xefe da Policía Local, Daniel Rodríguez e o axente Fernando Cruces, ambos desprazados a Valencia durante a dana, Inma emocionouse, lembrando a gran axuda que lle prestaron os seis axentes e os dous operarios de Vías e Obras do Porriño que acudiron na súa axuda. Foron, ademáis de Cruces e Rodríguez, Brais Roca, Antonio Pereira, Javier Rodriguez, Marta Montes, Javier Sanchez, Estevan Lago e Javier Lorenzo.
O día que coñeceron a Inma, acudiron a Alfafar para axudar nun centro da terceira idade totalemente inundado, lembra o Xefe da Policía. Ela exercía as labores de coordinación. E agora, Inma, entre bágoas, case dous anos despois, ven a apuntar a importancia dos voluntarios e voluntarias que se desprazaron a axudalos. De feito, chegou ao concello cargada de agasallos, productos típicos valencianos que representan a súa comunidade. De parte do rexedor recibiu unha placa conmemorativa.
“Tiñamos claro que non podiamos quedar de brazos cruzados ante o que sucedía en Valencia. A nosa Policía Local desprazouse a prestar axuda e atopou a persoas como Inma, que converteron a solidariedade nunha ferramenta imprescindible para salvar vidas e atender as necesidades máis básicas”, explica o alcalde, Alejandro Lorenzo, engadindo que “a Policía Local do Porriño estivo á altura das circunstancias, como tamén o estiveron os voluntarios que desde Alfafar ou outros municipios afectados puxeron todo o seu coñecemento e esforzo ao servizo dos demais”.
A visita, na que tamén estivo presente Anxo Boente, un xornalista con unha fonda vinculación co Porriño, que propiciou a colaboracióne entre o municipio el Alfafar, serve así para fortalecer un vínculo nacido en circunstancias excepcionais e que permanece no tempo como exemplo de solidariedade, cooperación en compromiso público. Unha unión que pon en valor o traballo desenvolvido por todas as persoas voluntarias, pero tamén de todos os profesionais dos servizos municipais que se mobilizaron tras a DANA.
O hospital improvisado de Orba, Alfafar
Inma explicou que, ao coñecer a magnitude da DANA e as características da poboación do barrio de Orba, formado en gran parte por persoas maiores con diversas necesidades médicas, a súa primeira preocupación foi garantir que tiveran acceso aos medicamentos que puideran requerir, así como todos os servizos de atención básica. Sen embargo, pola natureza da catástrofe, á atención xa citada se sumaron persoas con cortes, lesións por caídas, xente con outros problemas derivados das condicións da zona e numerosas crises de ansiedade.
Ante esta situación, comezaron a recoller material sanitario e médico, e grazas á colaboración de arredor 250 persoas voluntarias, conseguiron crear este espazo de atención médica improvisado. De feito, o dispositivo chegou a contar cun pequeno quirófano para atender os casos máis graves.
“Foi unha etapa moi dura, pero tamén moi enriquecedora, na que te das conta do humana que é a xente”, explicou Inma, que aproveitou o encontro para agradecer a todas as persoas que se prestaron a axudar e que acudiron de distintos puntos do país. “Cando as persoas veñen de moi lonxe e che ofrecen todo o que saben e todo o que teñen, non hai diñeiro que o pague”, sinalou a enfermeira, lembrando espacialmente a colaboración achegada desde O Porriño, cuxo persoal posibilitou a chegada de vehículos co material médico que precisaban.
A Cooperación da Policía Local do Porriño
O Concello enviou a seis axentes e dous operarios, que levaron consigo diverso material, entre el bombas e motobombas para realizar labores de achique. Durante o día, os efectivos centraron o seu traballo na retirada de auga e barro e na recuperación das zonas afectadas, mentres que polas noites realizaron labores de patrulla e de prevención de robos para garantir a seguridade das persoas afectadas e do material recompilando.
O traballo desenvolveuse durante unha semana con rúas bloqueadas por vehículos, materiais e ateigadas de entullos. Fernando Cruces lembra tamén as dificultades para desprazarse pola zona, ata o punto de sufrir varios pinchazos durante os seus percorridos.
O Concello do Porriño destaca así o compromiso demostrado pola súa Policía Local e polos operarios municipais, que acudiron voluntariamente a prestar axuda nun momento de extrema necesidade.


