A listaxe co nome, día e hora do alumnado matriculado estará exposta na Escola Municipal de Música, así como na porta do Centro Cultural Municipal (Biblioteca Municipal) a partir do 1 de setembro de 2026

A semana do 7 ao 11 de setembro escollerase o horario de instrumento. Todo o alumnado que estea matriculado no mesmo instrumento será citado á mesma hora para escoller horario, de acordo coa orde de matrícula feita no mes de xuño.  

– Por exemplo: todo o alumando de frauta traveseira será citado á mesma hora, e cada un/unha escolle horario por orde de matriculación. Rogamos a máxima puntualidade. Cada estudante ten a súa hora de matrícula e, unha vez pase a súa quenda, non poderá ser atendida/o.

– Seguindo a orde de matriculación, terán prioridade os alumnos/as matriculadas en primeiro instrumento.

– É recomendable que leven anotadas diversas opcións de horarios para axilizar o proceso da elección do horario.

As novas matriculacións nas especialidades que queden prazas vacantes farano entre o venres 11 e o mércores 30 de setembro.

A oferta da Escola Municipal de Música do Porriño é a que se indica:

         -Música e movemento, para nenos e nenas desde os 4 anos.

         -Linguaxe musical para nenas/os, mozas/os e persoas adultas.

As especialidades son: violín, viola, violonchelo, percusión, guitarra, piano, canto, gaita, clarinete, frauta traveseira, saxofón, óboe, fagot, trompa, trompeta, bombardino, trombón, tuba e percusión tradicional.

A Escola conta coas seguintes agrupacións:

– Banda de música

– Mini banda do Porriño (Banda infantil)

– Orquestra de corda

– Grupo de música tradicional

– Conxunto de guitarras

– Coral infantil

– Coral polifónica (adultos/as)

A Escola Municipal de Música do Porriño retomará as clases do curso 26/27 o luns día 14 de setembro, no edificio do Centro Cívico, sito na avenida Domingo Bueno, 13.