O Concello do Porriño convoca o seu I Certame Talla en Pedra: ANTONIO PALACIOS ESCRÍBESE EN PEDRA en colaboración co IES Ribeira do Louro, a través do ciclo de grao medio de Pedra Natural, coa vontade de reivindicar a pedra como material esencial da nosa identidade construtiva e cultural, promover a creación artística en pedra natural, facer un recoñecemento aos oficios tradicionais e poñer en valor o legado arquitectónico, cultural e simbólico de Antonio Palacios, figura clave na identidade do Porriño, este certame terá lugar os días 6 e 7 de xuño de 2026 no Porriño.
Podes consultar as bases premendo na ligazón a continuación: BASES I CERTAME TALLA EN PEDRA


