A Policía Local de O Porriño colaborou coa Gardia Civil en evitar o roubo do estanco de Mos

 

A Policía Local de O Porriño colaborou coa Garda Civil de Mos para frustrar esta madrugada un roubo no estanco de Mos acadando a detención dun individuo que estaba a forzar a entrada cunha palanqueta.

A intervención de axentes locais de O Porriño foi motivada pola chamada dunha veciña que alertou dos feitos. A Policía Local porriñesa deu aviso á Garda Civil de Mos. Unha patrulla da Policía Local acudiu en apoio da patrulla da Benemérita acadando entre ambas a detención do presunto autor, un varón de 45 anos que xa foi posto a disposición xudicial.

Segundo informa o Inspector Xefe, Dani Rodríguez non é a primeira vez que a Policía Local de O Porriño tén que acudir a outro concello, como hoxe en Mos, cando están a realizar unha persecución ou se está a cometer un delito “in fraganti” como contempla a Lei Orgánica de Forzas e Corpos de Seguridade.

A plantilla da Policía Local de O Porriño completa un curso de reanimación cardiopulmonar

Hoxe rematou o curso que toda a plantilla da Policía Local de O Porriño ten recibido nestes días para mellorar os seus coñecementos en primeiros auxilios, O curso foi impartido por persoal de 061.
Todos os axentes aprenderon manobras de reanimación cardiopulmonar e manexo dos “desa” (desfibriladores) en casos de parada cardíorespiratoria.
De feito, a partires de agora, por orde da Concellería de Seguridade, que dirixe Lourdes Moure, o vehículo de patrulla policial levará un desfibrilador a bordo que se engade ó restante material de que dispoñen os axentes locais para atender paradas cardiorrespiratorias, hemorraxias, quemaduras e outras situacións de emerxencia.

CONCLUÍDAS AS OBRAS DE VALADO E SINALIZACIÓN DAS CANTEIRAS PARA BLOQUEAR O ACCESO DE BAÑISTAS E CURÍOSOS

A mellora do valado e peche perimetral e a ampliación da sinalización de perigo xa remataron conforme o acordo acadado polo Concello de Porriño e titulares das explotacións de Atios para bloquear o acceso de bañistas e curiosos ás canteiras.


Como pode comprobarse nas imaxes que adxuntamos, tamén adiantouse o portalón de acceso á zona.
Todas estas medidas foron acordadas o pasado 27 de xullo durante a reunión presidida pola alcaldesa Eva García á que asistiron representantes das firmas concesionarias en representación de “Pocasa” (“Porriñesa de Canteiras”) e do empresario Manuel Carrera Lorenzo, titular da canteira “Arcace nº 21” que era a canteira onde acudían máis bañistas e curiosos.

Todo este paquete de medidas “son para protexer a seguridade de todos” segundo valorou a alcaldesa que engadiu que “acceder ás canteiras e bañarse nelas supón un acto de manifesta irresponsabilidade que pon en perigo a integridade física de quen o fai e dos que lles acompañan”, rematou Eva García.

O Concello valora o posible traslado da base da Agrupación Local de Protección Civil ó Multiusos de Torneiros

Unha comitiva municipal encabezada pola alcaldesa accidental, Lourdes Moure visitou diversas dependencias do Multiusos de Torneiros para valorar sobre o terreo o posible traslado da base da Agrupación Local de Protección Civil de Porriño. Actualmente a base operativa da Agrupación atópase no polígono da Granxa onde teñen o seu almacén e todos os equipos de intervención.


Xunto á alcaldesa acudiron o concelleiro de Emprego e Servizos Sociais, David Alonso; Daniel Rodríguez, Inspector Xefe da Policía Local e Suso Gónzalez Pexegueiro, presidente da Agrupación de Protección Civil. Estiveron inspeccionando un par de aulas da pranta baixa que están actualmente en desuso e que, previa limpeza e redistribución de espazos, poderían servir para acoller a base da Agrupación de Protección Civil.
Este traslado daríalles unhas instalacións máis axeitadas e estarían máis próximos a Porriño para mellorar o seu tempo de resposta e polo tanto a súa operatividade.
A Agrupación Local de Protección Civil de Porriño está formada por voluntarios que realizan unha media de máis dun milleiro de intervencións cada ano dun xeito altruista e constituen unha garantía de atención ante emerxencias.

PRINCIPIO DE ACORDO ENTRE O CONCELLO E OS TITULARES DAS CANTEIRAS PARA BLOQUEAR O ACCESO DE BAÑISTAS

Mellora do valado e peche perimetral; ampliación da sinalización de perigo e estudar posibles sancións tanto a vehículos como peons que ainda así accedan ás canteiras, son as tres medidas que se acordaron hoxe na reunión entre Concello de Porriño e titulares das explotacións de Atios para bloquear o acceso de bañistas e curíosos.
Á reunión presidida por Eva García, asistiron representantes das firmas concesionarias en representación de “Pocasa” (“Porriñesa de Canteiras”) e do empresario Manuel Carrera Lorenzo, titular da canteira “Arcace nº 21” que é actualmente á que acuden máis bañistas e curiosos. Por parte municipal, ademáis da alcaldesa, a concelleira de Seguridade, Lourdes Moure e o Inspector Xefe da Policía Local, Daniel Rodríguez, así como o enxeñeiro de minas, Jerónimo Turrado que asesora técnicamente ó Concello de Porriño.
A medida máis inmediata que se vai acometer será impedir o acceso ás pistas mineiras mediante un portalón ó que só teña acceso o persoal autorizado. Tratase dun portalón xa existente que vaise a adiantar para colocarse noutro punto onde teña máis efecto disuasorio. Será executado de inmediato por persoal de “Pocasa” como titular da concesión.
No que atinxe a sinalización, a pesares de que hai dabondo, acordouse colocar outros sinais de que está prohíbido e que é perigoso o baño nesas canteiras. “Non é unha zona de ocio, é unha zona mineira onde non está permitido o acceso”, precisou a alcaldesa Eva García.
E por outra banda o Concello de Porriño vai estudar a ordenanza municipal “para ver se teñen cabida posibles sancións con multas tanto a conductores e vehículos como peons que a pesares das prohibicións accedan a esas canteiras xa sexa para o baño ou para sacar fotografías”, explicou Eva García.
Todas estas medidas “son para protexer a seguridade de todos” dixo a alcaldesa que engadiu que “acceder ás canteiras e bañarse nelas supón un acto de manifesta anterioridade que pon en perigo a integridade física de quen o fai e dos que lles acompañan”, rematou a alcaldesa.

Esta situación xurde de que das 30 explotacións de granito existentes actualmente en Porriño tan só 9 atopanse operativas e con producción testimoniais. As restantes atopanse en paralización temporal e sen actividade extractiva.
Nun informe elaborado para o Concello de Porriño polo enxeñeiro de minas, Jerónimo Turrado, subliñabase que o principal problema sitúase na canteira “Arcace nº 21”, en Atios “pola acumulación de auga de choiva, pola facilidade de acceso en coche como a pé e logo de acceso para bañarse aproveitando unha rampla”.
“Todo isto a pesares de que o acceso é a través dunha pista mineira pola que só poden circular vehículos autorizados e que a sinalización e peche perimetral da canteira “Arcace” impide que alguén poida acceder á mesma por despiste ou involuntariamente”, segundo sinala o infome do enxeñeiro.
Lembrase que a canteira está pechada con desquites e cachotes de granito coas pintadas “Perigo” e “Prohibido pasar” de xeito que aqueles que aínda así acceden a bañarse na canteira actúan intencionadamente.
O informe técnico alerta de que hai outras cinco canteiras co posible risco de que sexan utilizadas por bañistas. Todas elas son arrendamentos parciais da concesión “Benedicta nº 1544” da que é titular “Porriñesa de Canteiras”.

A Alcaldesa convoca ós concesionarios de canteiras que están a ser utilizadas por bañistas

A Alcaldesa de Porriño vén de convocar para pasado mañá, venres 26 de xullo, unha reunión cos responsables das empresas que teñen a explotación das canteiras que están inoperativas e que, pese a prohibición, están a ser utilizadas para baño ou para realizar fotos cos conseguintes riscos.
Todo este problema xurde de que das trinta explotacións de granito existentes actualmente en Porriño tan só 9 atopanse operativas e con produccións testimoniais. As restantes están en paralización temporal e sen actividade extractiva o que orixina a inundación polas choivas dos buracos das canteiras o que está a resultar moi atractivo para bañistas e curiosos que acuden a facer fotografías, A pesares de que bañarse nunha explotación mineira está prohíbido e supón un perigo.

A reunión do venres celebrarase no Concello e están convocados Jorge Massó, en representación de “Pocasa” (“Porriñesa de Canteiras”) e o empresario Manuel Carrera Lorenzo, titular da canteira “Arcace nº 21” e o seu facultativo Fernando Delgado. Ademais asistirá o enxeñeiro de minas, Jerónimo Turrado, que é o técnico que asesora ó Concello e que vén de emitir un informe sobre a situación actual que fora requirido pola alcaldesa Eva García a pasada semana.
Nese informe que o enxeñeiro presentou á alcaldesa, subliñase que o principal problema sitúase na canteira “Arcace nº 21”, en Atios que é a que frecuentan bañistas e curiosos “pola acumulación de auga de choiva, pola facilidade de acceso en coche como a pé e logo de acceso para bañarse aproveitando unha rampla”.
“Todo isto a pesares de que o acceso é a través dunha pista mineira pola que só poden circular vehículos autorizados e que a sinalización e peche perimetral da canteira “Arcace” impide que alguén poida acceder á mesma por despiste ou involuntariamente”, segundo sinala o infome do enxeñeiro.
Lembrase que a canteira está pechada con desquites e cachotes de granito coas pintadas “Perigo” e “Prohibido pasar” de xeito que aqueles que aínda así acceden a bañarse na canteira actúan intencionadamente.


O informe técnico alerta de que hai outras cinco canteiras co posible risco de que sexan utilizadas por bañistas. Todas elas son arrendamentos parciais da concesión “Benedicta nº 1544” da que é titular “Porriñesa de Canteiras”.

Na reunión do venres proporanse varias posibles e inmediatas solucións para poñer freo a este problema de seguridade. A máis inmediata sería impedir a accesibilidade ás pistas mineiras mediante un portalón ó que só teña acceso o persoal autorizado. Esta solución debería ser pilotada por “Pocasa” como titular da concesión en colaboración cos explotadores e Concello de Porriño e Comunidade de Montes.
Recomendase asimesmo que se coordinen as actuacións polo Concello de Porriño coa Dirección Xeral de Minas da Xunta de Galicia e coa Policía Local e Garda Civil para que o efecto disuasorio sexa máis efectivo.