Ao Obxecto de regular adecuadamente o uso e utilización da vía pública, que de forma extraordinaria realizase, durante as festas de Porrigalia 2026 por algún dos hosteleros do concello do Porriño, colocando barras portátil, asadeiro ou calquera outra instalación portátil no exterior do local para o exercicio do seu negocio, dítase as seguintes normas de obrigado cumprimento:
- Só se autorizará a instalación durante os días 25 e 26 de xullo do 2026.
- Só se poderá colocar aquelas instalacións que cumpran:
a. As condicións de seguridade (especialmente riscos eléctricos e debida solidez) e ornato
b. Deben estar debidamente decoradas atendendo a temática do entorno.
c. Teñen que cumprir as condicións de NON dificultar a circulación tanto viaria como peonil. - Queda totalmente prohibido expender bebidas en vasos, botellas, etc. de vidro para ser consumidos no exterior do local, así como calquera outro elemento cuxa rotura poida producir riscos sobre a integridade física dos cidadáns, debéndose utilizar exclusivamente utensilios refugables de plásticos ou similares.
- O máximo horario de peche dos locais e das instalacións situadas no seu exterior será o que corresponda segundo a súa lexislación vixente.
- Os responsables dos establecementos estarán obrigados á limpeza dos espazos ocupados adxacentes da mesma.
- Os titulares dos establecementos de hostelería deberan solicitar previamente ao inicio de Porrigalia a instalación que solicita e os metros que ocupan. Poden realizar dita comunicación ao correo electrónico secretaria.info@oporrino.org ou ben por rexistro electrónico na sede do Concello do Porriño mediante instancia xeral.
Preme aquí para ler o bando municipal para a instalación de barras de bar no exterior.


