O Concello do Porriño aprobou as bases reguladoras para autorizar a instalación de postos de venda ambulante e atraccións durante a festa de Porrigalia 2026, que terá lugar os días 25 e 26 de xullo.

As persoas e empresas interesadas teñen dende o o 16 de xullo ás 14:00 horas para presentar as súas solicitudes. O concello porá á disposición un total de 10 carpas e 20 postos de madeira, que se adxudicarán por rigorosa orde de entrada no rexistro; o resto de peticións quedará nunha listaxe de reserva. A listaxe provisional publicarase o mesmo 3 de xullo, e as taxas correspondentes deberanse aboar antes do día 13 de xullo.

Como requisito fundamental para manter o espírito da festa, todos os postos deberán contar cunha ambientación de época (madeira, arpillera, palla ou lonas granates en caso de choiva) e o persoal terá que estar obrigatoriamente ataviado con traxes históricos acordes á celebración (galos, romanos, castrexos, exipcios ou gregos). Ademais, prohíbese o uso de envases de vidro ou plástico PVC nos postos de comida, debendo empregar louza de barro ou cartón biodegradable.

As solicitudes poden tramitarse a través do rexistro xeral do Concello ou na súa sede electrónica. 

20260609_Outros_Bases_BASES REGULADORAS PARA A AUTORIZACIÓN DE INSTALACIÓN DE POSTOS EN PORRIGALIA 2026

Aquí tes as bases