Segundo establece o artigo 39.2 da Lei Orgánica 5/1985 do 19 de xuño (LOREG) de Réxime Electoral Xeneral, DENDE O DIA 12 AO 19 DE OUTUBRO DE 2026 (ambos inclusive), o Concello do Porriño manterá un servizo de consulta das listas electorais.

A consulta do Censo Electoral realizarase por medios informáticos, previa identificación do interesado. O documento de identificación deberá ser algún dos que, para o acto de votación, indica o artigo 85.1 da Lei Electoral:

– DNI, pasaporte ou permiso de conducir no que apareza a fotografía do titular.

Dentro do prazo indicado calquera persoa poderá formular reclamacións sobre os seus datos. As reclamacións poderán presentarse directamente na Delegación Provincial da Oficina do Censo Electoral ou a través deste Concello, onde tamén se lles facilitarán os correspondentes impresos de reclamación.