A organización de carreira situou na Avenida Antonio Palacios o quilómetro cero da decimoquinta etapa da Volta Ciclista a España.
Ao seu carón, O Porriño reivindicou esa condición cunha pancarta.

A alcaldesa Eva García, o concelleiro de Deportes, David Alonso e a concelleira de Seguridade, Lourdes Moure acudiron a ese punto para presenciar o arranque da etapa.